39 Achegándose a onde estaba, ordenoulle á febre que a deixase, e deixouna. De seguida ergueuse ela, e púxose a servilos.
Con que lle pagarei ó Señor todo o ben que me fai?
Despois de saír da sinagoga, foi á casa de Simón e mais de Andrés, con Santiago e Xoán.
Xesús ordenoulle: Cala a boca e bótate fóra dese home! E o demo tirou co home no medio e medio e saíu del sen lle facer mal.
De moitos saían os demos tremendo e dicindo: "Ti es o Fillo de Deus". Pero el berráballes e non os deixaba falar, porque sabían que el era o Mesías.
Achegáronse a espertalo, dicíndolle: Mestre, que afogamos! El espertou, e berroulles ó vento e ás ondas. Amainaron e veu unha gran calma.