27 E moitos gafos había en Israel no tempo de Eliseo, o profeta, e a ningún deles curou, fóra de Naamán, o sirio.
Vai un darlle leccións a Deus que xulga ós máis egrexios?
Como é que lle fas tal acusación: non respondeu nin a unha das miñas razóns?
Quen lle corrixe a conduta ou quen lle di: Fixeches unha boa!?
Entrou na casa de Deus e comeu pan do ofrecido, cousa que non lle estaba permitida a el nin ós seus acompañantes, senón só ós sacerdotes.
El estendeu a man e tocouno, dicindo: Quero, queda limpo. E, coa mesma, quedou limpo da lepra.
Oíndo estas cousas, todos os que estaban na sinagoga puxéronse feitos unhas feras;
Cando eu estaba con eles, coidábaos no teu lugar. Ti entregáchesmos; eu agarimeinos, e ningún deles se perdeu, fóra do fillo da perdición, de xeito que se cumprise a Escritura.