25 Tede por seguro que no tempo de Elías había moitas viúvas en Israel, cando o ceo estivo pechado durante tres anos e seis meses e unha grande fame anegou todo o país;
Elías o texbita, de Tixbé de Galaad, díxolle a Acab: —"Pola vida do Señor, Deus de Israel, a quen sirvo! Non caerá orballo nin chuvia estes anos, se eu non o mando".
E naquel momento exclamou cheo de gozo do Espírito Santo: Bendito sexas, Pai, Señor do ceo e mais da terra, porque lles agachaches estas cousas ós sabios e prudentes, e llas revelaches á xente humilde. Si, meu Pai, bendito sexas por che agradar iso así.
Eles teñen poder para pechar o ceo, de xeito que non chova durante os días do seu profetizar. Teñen poder de converter a auga en sangue e de castigar a terra con calquera tipo de praga cantas veces queiran.