Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 4:23 - Biblia SEPT

23 El díxolles: Seguramente me recordaredes aquel refrán: Médico, cúrate a ti mesmo; todo canto oímos que fixeches en Cafarnaúm, faino aquí na túa terra.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 4:23
20 Iomraidhean Croise  

indo para a súa terra. Alí con tal xeito lles ensinaba na sinagoga que dicían abraiados: De onde lle veñen a este esa sabedoría e eses milagres?


Deixando Nazaret, foise establecer en Cafarnaúm, na beira do mar, en terras de Zebulón e Naftalí,


Xesús percorría a Galilea enteira ensinando nas sinagogas e anunciando a Boa Nova do Reino, curando canta doenza padecía o pobo.


Saíndo de alí, foise para a súa vila, acompañado polos seus discípulos.


Cando remataron todo o ordenado pola Lei do Señor, volveron para Galilea, á vila de Nazaret.


Baixou con eles a Nazaret, e vivía baixo a súa autoridade. A nai conservaba todas estas cousas no seu corazón.


Chegou a Nazaret, onde se criara, e o sábado entrou, como estaba afeito, na sinagoga. Ergueuse para facer a lectura,


Baixou entón a Cafarnaúm, vila de Galilea, e os sábados adoitaba ensinar.


Xesús ordenoulle: Cala a boca e bótate fóra dese home! E o demo tirou co home no medio e medio e saíu del sen lle facer mal.


Como lle poderás dicir a teu irmán: "Irmán, deixa que che quite o lixo que tes no ollo", sen reparar na trabe que tes no teu? Hipócrita! Quita primeiro a trabe do teu ollo, e logo verás mellor para quitar o lixo do ollo de teu irmán.


Entón, deixando a muller o seu cántaro, foi á vila e díxolles ós veciños:


Por iso, nós xa non apreciamos a ninguén conforme a criterios mundanos; aínda que teñamos coñecido a Cristo conforme a eses criterios, agora xa non o coñecemos así.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan