Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 4:18 - Biblia SEPT

18 O Espírito do Señor está sobre min porque El foi quen me unxiu para proclamarlles a Boa Nova ós pobres. Mandoume para lles anunciar a liberación ós secuestrados e a vista ós cegos, para lles dar liberdade ós asoballados,

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 4:18
56 Iomraidhean Croise  

Poño hostilidade entre ti e a muller, entre a túa liñaxe e a dela. Ti tentarás de atanguerlle o calcañar, pero ela esmagarache a cabeza".


Por escoitares estas palabras con dor de corazón, humillándote ante Deus ó oíres as súas ameazas contra este lugar e os seus habitantes, porque te humillaches ante min, rachaches os vestidos e choraches na miña presenza, tamén eu te escoito, oráculo do Señor.


O Señor olla desde o seu santuario excelso, desde o ceo mira para a terra.


Sana os corazóns quebrados e venda as súas feridas.


Os reis da terra levántanse, os príncipes conspiran entre si contra o Señor e o seu mesías:


—"Eu son quen puxo o meu rei sobre Sión, o meu monte santo".


Claman aqueles, e o Señor escoita, líbraos de todas as angustias.


O teu trono, coma o de Deus, é duradeiro, un cetro de equidade, o teu cetro real.


Abre, Señor, os meus labios, e a miña lingua pregoará a túa loanza.


Se os ollos dos que ven, queren ver; se os oídos dos que escoitan, queren estar atentos;


Entón abriranse os ollos dos cegos, e os oídos dos xordos destaparanse.


para que lles abras os ollos ós cegos, para que libres do cárcere ós presos, da prisión ós que viven na escuridade.


Eu suscitei a Ciro por causa da xustiza e achanceille todos os seus vieiros. El reconstruirá a miña cidade e mandará alí os meus exiliados, sen prezo nin regalo".


dicíndolle: Presos, saíde! Os que estades na escuridade, mostrádevos! Pastarán á beira dos camiños e nos montes pelados terán os seus pasteiros,


O Señor Deus concedeume lingua de discípulo, para saber instruír o cansado cunha palabra que o anime na mañá. El espreguiza pola mañá o meu oído para escoitar coma discípulo.


Porque así fala o Altísimo, o Excelso, o que reside na sala do seu trono, que ten de Nome o Santo: "Eu resido no templo celeste, (pero) tamén co humillado e co de espírito abatido, para reanimar o espírito dos abatidos, e para revitalizar o corazón dos humillados.


Olládeme aquí: esta é a miña Alianza convosco —fala o Señor—: o meu Espírito está sobre ti, e as miñas palabras, que roxen na túa boca, non desaparecerán da túa boca nin da boca da túa descendencia nin da boca da descendencia da túa descendencia, desde agora e para sempre —fala o Señor—.


O Espírito do Señor, Iavé, está sobre min, porque o Señor me unxiu. Mándame anunciar a boa nova ós pobres, curar os de corazón esnaquizado, proclamarlles ós cativos a liberdade e ós presos que abran os ollos,


Si, todas estas cousas fíxoas a miña man. Aí están todas elas! é o Señor quen fala. Pero hei de ollar por este, polo pobre, polo abatido de espírito e que treme ante as miñas palabras".


e díxolle o Señor: Atravesa a cidade, cruza Xerusalén e pon unha marca na fronte dos homes que fan dó e suspiran por causa de todas as abominacións que se cometen no medio dela.


Farei que quede no medio de ti un pobo pobre e humilde, e no Nome do Señor terá o seu refuxio


e quedou roto no día aquel. Os tratantes do rabaño, que me observaban, recoñeceron que isto era palabra do Señor.


os cegos ven e os coxos andan, os leprosos fican limpos e os xordos oen, os mortos resucitan e ós pobres estáselles anunciando a Boa Nova.


Velaquí o meu servo, o meu elixido, o meu amado, a miña regalía. Pousarei o meu Espírito sobre el, para que anuncie o dereito ás nacións.


Non crebará a canivela cascada, nin apagará a torcida que fumega ata que faga triunfar o dereito:


O pobo que xacía na escuridade viu unha gran luz: Para os que habitaban no escuro país da morte brillou unha alborada.


Ditosos os que teñen espírito de pobres, porque deles é o Reino dos Ceos.


e déronlle o libro do profeta Isaías. Abriuno e atopou unha pasaxe que dicía:


Xesús coa mirada posta nos seus discípulos dixo: Ditosos vós os pobres, porque voso é o Reino de Deus.


E logo deulles a resposta: Ide e contádelle a Xoán o que acabades de ver e oír: os cegos ven, os coxos andan, os gafos fican limpos e os xordos oen, os mortos resucitan e ós pobres estáselles anunciando a Boa Nova.


Vai e ó primeiro que atopa é a Simón, o seu propio irmán, e dille: Encontramos o Mesías (que quere dicir Cristo).


Eu son a luz que veu ó mundo, para que todo o que cre en min non permaneza nas tebras.


Porque aquel a quen Deus mandou, fala as palabras de Deus, que non dá o Espírito cunha medida limitada.


como Deus unxiu con Espírito Santo e con poder a Xesús de Nazaret, que pasou facendo o ben e curando a todos os que estaban asoballados por Satán; pois Deus estaba con el.


para que lles abras os ollos a fin de que volvan das tebras á luz e do poder de Satán a Deus e, pola fe en min, reciban o perdón dos pecados e mais a herdade entre os santos".


Aviñéronse os reis da terra e os xefes aliáronse contra o Señor e contra o seu Cristo.


Porque a verdade é que nesta cidade se xuntaron contra o teu santo servo Xesús, a quen ti unxiches, Herodes e Poncio Pilato, cos pagáns e co pobo de Israel,


Porque El arrincounos da pouta das tebras para nos pasar ó Reino de seu Fillo querido,


Escoitádeme ben, meus irmáns queridiños: seica non escolleu Deus os pobres deste mundo para seren ricos na fe e herdeiros do Reino que Deus prometeu ós que o aman?


Pero, en cambio, vós sodes raza escollida, sacerdocio de reis, nación santa, pobo adquirido por Deus, para pregoardes as marabillas daquel que vos chamou das tebras á súa luz admirable.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan