Convocarás un pobo que non coñeces, e un pobo que non te coñece correrá onda ti, polo Señor, o teu Deus, e polo santo de Israel, que tanto te glorificou!
Todos ficaron pasmados, e discutían entre si, dicindo: Que é isto? Unha nova doutrina, e con autoridade; enriba, dálles ordes ós espíritos malos, e eles obedéceno.
Pero, mal se foi, aquel home botouse a pregoar a nova, espallándoa de tal xeito que Xesús xa non podía entrar en vila ningunha, senón que quedaba fóra, nos arredores apartados. Pero aínda así acudían a el de todas as partes.