Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 4:1 - Biblia SEPT

1 Entón Xesús, cheo de Espírito Santo, volveu do Xordán, e o Espírito levouno deserto adiante,

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 4:1
19 Iomraidhean Croise  

En canto eu me afaste de ti, o espírito do Señor levarate non sei para onde. Eu ireillo dicir a Acab, e el non te atopará e matarame. Mais o teu servo teme ó Señor desde pequeno.


El seguiu polo deserto, un día de camiño. Alí foi sentar debaixo dunha xesta, e pediu a morte, dicindo: —"Xa chega, Señor. Quítame a vida, pois non vallo eu máis cós meus pais".


O Espírito do Señor, Iavé, está sobre min, porque o Señor me unxiu. Mándame anunciar a boa nova ós pobres, curar os de corazón esnaquizado, proclamarlles ós cativos a liberdade e ós presos que abran os ollos,


O Espírito colleume en arroubo, e marchei fortalecido polo ardor do meu espírito, pois a poderosa man do Señor estaba sobre min.


Tan pronto como foi bautizado, Xesús saíu da auga. E velaí que se abriron os ceos, e viu o Espírito de Deus baixar como unha pomba ata se pousar enriba del.


Movido polo Espírito, foi ó templo, e, cando entraban os pais do neno Xesús para cumpriren o mandado pola Lei do Señor,


Entón el percorreu toda a rexión do Xordán, pregoando un bautismo de conversión, para acadar o perdón dos pecados,


o de Enox, o de Xet, o de Adam, o de Deus.


Coa forza do Espírito Santo, Xesús volveu a Galilea, e a súa sona estendeuse por toda a redonda.


O Espírito do Señor está sobre min porque El foi quen me unxiu para proclamarlles a Boa Nova ós pobres. Mandoume para lles anunciar a liberación ós secuestrados e a vista ós cegos, para lles dar liberdade ós asoballados,


E Xoán seguiu testemuñando: Eu vin o Espírito baixar do ceo coma unha pomba e pousar enriba del.


Porque aquel a quen Deus mandou, fala as palabras de Deus, que non dá o Espírito cunha medida limitada.


Ata o día que foi levado ó ceo, logo de ter dado instrucións polo Espírito Santo ós apóstolos que escollera.


como Deus unxiu con Espírito Santo e con poder a Xesús de Nazaret, que pasou facendo o ben e curando a todos os que estaban asoballados por Satán; pois Deus estaba con el.


Cando subiron da auga, o Espírito do Señor arrebatou a Filipe. O eunuco xa non o viu máis, pero seguiu o seu camiño cheo de alegría.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan