8 Dade froitos dignos dunha verdadeira conversión, e non empecedes a dicir entre vós: "Somos fillos de Abraham". Asegúrovos que destas mesmísimas pedras pode sacar Deus fillos de Abraham.
—Fillo de Adam, os habitantes desas ruínas sobre a superficie de Israel andan falando deste xeito: "Se Abraham era un só e tomou posesión desta terra, canto máis a nós, que somos moitos, nos deron esta terra en posesión!
O contrario, primeiro ós de Damasco, despois ós de Xerusalén, e en toda a rexión da Xudea e por fin ós pagáns, prediqueilles que se arrepintan e que se convertan a Deus e que vivan como corresponde á conversión.
Por iso a promesa depende da fe, para que sexa por graza, e así se manteña firme para toda a liñaxe: non só para o que nace na Lei, senón tamén para o que nace pola fe de Abraham,