Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 3:5 - Biblia SEPT

5 Todo barranco se cubrirá todo monte e outeiro se rebaixará, os camiños tortos hanse endereitar e os fragosos hanse achanzar.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 3:5
11 Iomraidhean Croise  

Que todo val sexa levantado, que todo monte e outeiro sexa rebaixado; que a terra fragosa se volva unha chaira; e as ladeiras, un val achanzado.


Farei camiñar os cegos por un vieiro que non coñecen, por corredoiras descoñecidas fareinos ir. Converterei diante deles a escuridade en luz, e as revoltas do camiño en dereitura. Estas cousas fareillas; si, non os abandonarei".


Eu camiñarei diante de ti e fareiche favorables os presaxios, romperei os batentes de bronce e farei anacos as trancas de ferro.


Converterei as miñas montañas en vieiro, construiranse as miñas calzadas.


Entón todas as árbores do monte caerán na conta de que eu, o Señor, derreo a árbore ergueita e levanto a árbore derreada; seco a árbore verde e fago florecer a árbore seca. Eu, o Señor, díxeno e fareino.


Que o irmán de condición humilde se glorie da súa gran dignidade;


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan