4 conforme está escrito no libro do profeta Isaías: Unha voz chama no deserto: Preparade os camiños do Señor, reparade os seus vieiros.
(O Señor) di: "Amontoade, amontoade terra, achanzade o camiño, levantade os atrancos do camiño do meu pobo".
Cruzade e cruzade polas portas, achanzade o camiño da cidade, amontoade, amontoade terra para o camiño, lousádeo con laxes, erguede a bandeira para os pobos:
El era de quen dixera o profeta Isaías: Unha voz clama no deserto: Preparade o camiño do Señor, endereitade os seus vieiros.
Unha voz clama no deserto: preparade o camiño do Señor, endereitade os seus vieiros.
El dicía: Eu son a voz do que clama no deserto, "endereitade o camiño do Señor" (como escribira o profeta Isaías).
Este veu de testemuña para dar testemuño da luz, para que todos cresen por el.