Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 3:22 - Biblia SEPT

22 e baixou sobre el o Espírito Santo na aparencia corporal dunha pomba. Entón oíuse unha voz desde o ceo: Ti es o meu fillo benquerido, o meu predilecto; en ti me comprazo.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 3:22
21 Iomraidhean Croise  

Pregoarei o decreto do Señor; foi El quen me dixo: —"Ti es meu fillo, eu mesmo che dei hoxe a vida.


Velaí o meu servo, a quen teño collido da man; velaí o meu escollido no que eu me comprazo. Teño posto sobre el o meu espírito: ditaralles sentencia xusta ás nacións.


Velaquí o meu servo, o meu elixido, o meu amado, a miña regalía. Pousarei o meu Espírito sobre el, para que anuncie o dereito ás nacións.


E aínda estaba falando cando apareceu unha nube luminosa que os cubriu; e unha voz saíndo da nube dixo: Este é o meu Fillo benquerido, o meu predilecto: escoitádeo.


Confía en Deus: pois que o salve agora, se é que de verdade o quere; ben que dixo: "Son fillo de Deus".


Entón apareceu Xesús, que viña desde Galilea ó Xordán, para que Xoán o bautizase.


Tan pronto como foi bautizado, Xesús saíu da auga. E velaí que se abriron os ceos, e viu o Espírito de Deus baixar como unha pomba ata se pousar enriba del.


E oíuse desde o ceo unha voz que dicía: Este é o meu fillo benquerido, o predilecto.


E unha voz deixouse oír desde o ceo: Ti es o meu fillo benquerido, o meu predilecto.


E aconteceu por aqueles días que chegou Xesús desde Nazaret de Galilea, e Xoán bautizouno no Xordán.


E unha nube cubriunos coa súa sombra, mentres saía dela unha voz: Este é o meu fillo benquerido, escoitádeo.


Gloria a Deus no ceo e na terra paz ós homes que gozan do seu amor!


Logo empezoulles a dicir: Hoxe cúmprese diante de vós esta pasaxe da Escritura.


E Xoán seguiu testemuñando: Eu vin o Espírito baixar do ceo coma unha pomba e pousar enriba del.


Pai, glorifica o teu Nome. Chegou entón unha voz do ceo: Xa o glorifiquei, e glorificareino aínda de novo.


E o Pai, que me mandou, dá testemuño en favor de min. Pero vós nin oístes nunca a súa voz, nin víste-lo seu rostro


como Deus unxiu con Espírito Santo e con poder a Xesús de Nazaret, que pasou facendo o ben e curando a todos os que estaban asoballados por Satán; pois Deus estaba con el.


Porque El arrincounos da pouta das tebras para nos pasar ó Reino de seu Fillo querido,


Ó achegárdevos ó Señor, pedra vivificadora de refugallo para os homes, pero pedra escollida e apreciada ós ollos de Deus,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan