21 Durante un bautismo xeral, e despois de se bautizar tamén Xesús, mentres oraba, abriuse o ceo
Desde os trinta anos, no día quinto do mes cuarto, cando eu me atopaba entre os deportados onda o río Quebar, véuseme abrindo o ceo e veño tendo visións de Deus.
Despois de despedila, subiu ó monte para orar el só, e alí colleuno a anoitecida.
Mais el retirábase ós lugares arredados para orar.
Unha vez que estaba en oración nun lugar apartado, acompañado dos seus discípulos, preguntoulles: Quen di a xente que son eu?
E concluíu: Con toda verdade volo aseguro: habedes ve-lo ceo aberto, e os anxos de Deus subindo e baixando onda o Fillo do Home.
comezando desde o bautismo de Xoán ata o día en que foi levado de entre nós, un deles sexa connosco testemuña da súa resurrección.