Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 3:16 - Biblia SEPT

16 pero el declarou diante de todos: Eu bautízovos con auga, pero está a chegar o que é máis forte ca min, e a quen eu non son digno de lle desatar os amallós do seu calzado. El havos bautizar con Espírito Santo e con lume.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 3:16
24 Iomraidhean Croise  

Se vos convertedes cando vos amoeste, fareivos burbullar o meu ánimo, comunicareivos os meus pensamentos.


Ata que sobre vós se verta o espírito desde o alto, e o deserto se volva verxel e o verxel pareza un bosque.


Cando o Señor limpe a sucidade das fillas de Sión, e cando lave do medio de Xerusalén o seu sangue, cun vento de xuízo e cun vento de desolación.


Asperxerei sobre vós auga purificadora e quedaredes puros; de todas as vosas impurezas e de todas as vosas idolatrías heivos purificar.


A ese terzo fareino pasar polo lume e acrisolareino como se acrisola a prata e probareino como se proba o ouro. El invocará o meu nome e eu escoitareino; direille "ti es o meu pobo" e el dirame "Iavé meu Deus".


Eu bautízovos con auga para que vos convertades. Pero o que vén detrás miña é máis forte ca min, e nin tan sequera son digno de lle levar as sandalias. El havos bautizar co Espírito Santo e con lume.


Porque trae a forcada na man, para limpar a súa eira e na hucha recoller o trigo; e ha queimar a palla nun lume que nunca se apaga.


Xoán respondeulles: Eu bautizo con auga; mais entre vós está quen vós non coñecedes;


o que vén detrás miña e eu non son merecente de lle desatar o amalló da sandalia.


Eu non o coñecía, pero o que me mandou bautizar con auga, díxome: "Cando vexas o Espírito baixar e pousar sobre un, ese é o que bautiza co Espírito Santo".


Como di a Escritura, deitaranlle do seu ventre regueiros de auga viva.


porque Xoán bautizou con auga, mais a vós bautizarásevos co Espírito Santo, de aquí a poucos días.


Aínda Pedro estaba a dicir estas cousas, cando o Espírito Santo veu sobre todos os que escoitaban a palabra.


E agora, engrandecido pola dereita de Deus e recibido do Pai o prometido Espírito Santo, espallouno, que é o que vós vedes e sentides.


Porque a todos nos bautizaron nun único Espírito, para formarmos un único corpo: tanto xudeus coma gregos, tanto escravos coma libres. E a todos se nos deu a beber un único Espírito.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan