Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 3:1 - Biblia SEPT

1 No ano quince do reinado do emperador Tiberio César, sendo Poncio Pilato gobernador de Xudea e Herodes tetrarca de Galilea; sendo Filipo, o seu irmán, tetrarca de Iturea e mais da Traconítide, e Lisanias, tetrarca de Abilene:

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 3:1
19 Iomraidhean Croise  

Non se afastará o cetro de Xudá nin de entre os seus pés o báculo, ata que chegue o seu dominador e os pobos o obedezan.


Naquel tempo chegou a sona de Xesús ós oídos de Herodes, o tetrarca.


Pois Herodes prendera a Xoán, meténdoo na cadea por cousa de Herodías, muller de seu irmán Filipo.


Mais, cando Herodes celebrou o seu día de anos, a filla de Herodías bailou diante de todos. E tanto lle agradou a Herodes


Dinos, logo, que che parece: está permitido pagarlle o tributo ó Cesar ou non?


Amarrárono e fóronllo entregar a Pilato, o gobernador.


Porque Herodes mandara encadear a Xoán por causa de Herodías, a muller de seu irmán Filipo, coa que el casara.


Pero chegou a ocasión axeitada, cando Herodes no día que facía anos deu un banquete ós ministros, oficiais e xente importante de Galilea.


Naquel momento chegaron uns fariseos para lle avisar: Veña, vaite de aquí, que Herodes te quere matar.


Saíu daquela un decreto do emperador Augusto, ordenando o empadroamento de todo o mundo.


Por fin Pilato sentenciou tal coma eles querían.


Pero Herodes, o tetrarca, a quen Xoán reprendía por causa de Herodías, a súa cuñada, e por outros crimes,


O saber Herodes, o tetrarca, todo o que pasaba, estaba perplexo, xa que algúns dicían: Resucitou Xoán de entre os mortos.


"Claudio Lisias ó moi excelente gobernador Fiz, saúde!


Despois de dous anos, recibiu Fiz como sucesor a Porcio Festo. E querendo congraciarse cos xudeus, deixou preso a Paulo.


O rei, o gobernador, Berenice e os que estaban sentados con eles erguéronse.


Porque a verdade é que nesta cidade se xuntaron contra o teu santo servo Xesús, a quen ti unxiches, Herodes e Poncio Pilato, cos pagáns e co pobo de Israel,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan