Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 24:6 - Biblia SEPT

6 Non está aquí; resucitou. Recordade o que vos dicía en Galilea:

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 24:6
19 Iomraidhean Croise  

Que así como estivo Xonás no ventre do peixe, así estará o Fillo do Home no seo da terra tres días e tres noites.


Desde aquela empezou Xesús a aclararlles ós seus discípulos que tiña que ir a Xerusalén, e que alí o ían facer padecer moito os anciáns, os sumos sacerdotes e os letrados; que o ían executar e que ó terceiro día había resucitar.


e dixéronlle: Señor, lembramos que aquel enredante, cando estaba vivo, dixo: "Resucitarei despois de tres días".


Non está aquí, resucitou tal como dixera. Vinde ver o sitio onde estaba.


Pero el díxolles: Non vos espantedes. Buscades a Xesús Nazareno, o crucificado? Non está aquí, resucitou. Mirade o lugar onde o puxeron.


Entón, con toda claridade, empezou a adoutrinalos acerca de que era preciso que o Fillo do Home padecese moito, e que o rexeitasen os anciáns, os Sumos Sacerdotes e mais os letrados; que o ían matar, e que ós tres días había resucitar.


que dicían: É certo, o Señor resucitou e aparecéuselle a Simón.


Cheas de medo, miraban para o chan; pero eles preguntaron: Por que buscades entre os mortos a quen está vivo?


E engadiu: Cómpre que o Fillo do Home padeza moito, que o rexeiten os anciáns, os sumos sacerdotes e mais os letrados, e que o executen, e que ó terceiro día resucite.


Quédevos isto ben gravado: ó Fillo do Home vano entregar nas mans dos homes.


Pero Deus resucitouno, librándoo das dores da morte, pois non era posible que ficase baixo o seu dominio.


Non vos acorda que, cando aínda estaba convosco, xa volo dicía?


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan