Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 24:44 - Biblia SEPT

44 Logo díxolles: A isto referíame eu cando, estando aínda convosco, vos dicía que conviña que se cumprise todo o que está escrito na Lei de Moisés, nos Profetas e mais nos Salmos acerca de min.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 24:44
88 Iomraidhean Croise  

Melquisédec, rei de Salem, sacerdote do Deus Altísimo, sacou pan e viño


Todos os pobos da terra terán bendición na túa descendencia, por me teres ti obedecido".


Poño hostilidade entre ti e a muller, entre a túa liñaxe e a dela. Ti tentarás de atanguerlle o calcañar, pero ela esmagarache a cabeza".


Non se afastará o cetro de Xudá nin de entre os seus pés o báculo, ata que chegue o seu dominador e os pobos o obedezan.


A pedra que desbotaron os canteiros convértese en pedra angular.


Por isto o meu Señor Deus fala así: "Velaquí estou: poño de alicerce de Sión unha pedra; unha pedra de granito, de fundamento; unha esquina pesada, asentada polo que sabe afincar e non se apura.


Velaí: o Excelso, o Sublime, o Altísimo daralle éxito ó seu Servo.


Por isto, o meu Señor daravos El mesmo un sinal: Velaí a doncela: está en cinta e dá a luz un fillo, ó que lle pon de nome Emmanuel;


Oh, que grande a súa Soberanía! A paz non terá fin no trono de David e no seu reino, para afincalo e para afirmalo, co dereito e coa xustiza, desde agora e para sempre. O celo do Señor dos Exércitos fará isto.


Ollade que chegan os días —é o Señor quen fala— en que farei abrollar de David un xermolo lexítimo, será rei de verdade e comportarase con prudencia, administrará o dereito e a xustiza no país.


Velaquí os días —é o Señor quen fala— nos que cumprirei a promesa que lles fixen á casa de Israel e á casa de Xudá.


Así fala o meu Señor, Iavé: —Eu collerei das ramas do cedro a máis alta e fixareina; dos gallos máis novos arrincarei un xermolo, e plantareino nun monte alto e elevado,


Vou suscitar á fronte deles un pastor único, que os apacente: será o meu servo David; el mesmo os apacentará: el en persoa será para eles o seu pastor.


Despois disto volverán os fillos de Israel, a buscar o Señor, o seu Deus, e a David, o seu rei, e volveranse tremendo de ledicia cara ó Señor e cara ós seus bens ó final dos días.


Naquel día erguerei a tenda derrubada de David, repararei as súas fendas, restaurarei as ruínas e reconstruireina coma nos tempos antigos,


Estenderei sobre a casa de David e sobre os habitantes de Xerusalén un espírito de graza e de súplica: mirarán atentamente ó meu Poderoso, a quen traspasaron. Farán lamentación por el, coma a lamentación diante do único Deus, e chorarán amargamente por el, coma o amargarse por un primoxénito.


Érguete, espada, contra o meu pastor, contra o home que está ó meu carón —oráculo do Señor dos Exércitos—. Fire ó pastor e que se escorrenten as ovellas. Daquela volverei a miña man contra as máis febles.


No día aquel os seus pés afincaranse no monte das Oliveiras, que está cara a Xerusalén polo nacente, e o monte das Oliveiras partirase en dúas metades. Na dirección do nacente e na do poñente haberá un val moi grande, pois unha metade do monte retirarase cara ó norte, e a outra metade cara ó sur.


E diraslle a este: Así fala o Señor dos Exércitos: Velaí un home, que ten por nome Refillo, e por debaixo de si xermolará, e construirá o santuario do Señor. Si, el reconstruirá o santuario do Señor.


Relouca, filla de Sión, grita de ledicia, filla de Xerusalén. Velaí chega o teu rei, é xusto e protexido do Señor, humilde e montado nun burro, si, nun burriño fillo dunha burra.


e o Señor díxolle a Moisés: —"Fai unha serpente velenosa, e pona no alto dun mastro: cada un dos mordidos que a mire, vivirá".


A comunidade librará ó homicida da man do vingador do sangue e conducirao á cidade de asilo, onde estea refuxiado. Habitará alí ata a morte do sumo sacerdote, unxido co santo óleo.


Todo isto aconteceu para que se cumprise o que dixera o Señor por boca do profeta:


Desde aquela empezou Xesús a aclararlles ós seus discípulos que tiña que ir a Xerusalén, e que alí o ían facer padecer moito os anciáns, os sumos sacerdotes e os letrados; que o ían executar e que ó terceiro día había resucitar.


Pero, como se ían entón cumprir as Escrituras, que din que ten que suceder así?


Pero todo isto pasa para que se cumpra o que escribiron os profetas. Entón todos os discípulos fuxiron, abandonándoo.


pois ía informando ós discípulos, dicíndolles: O Fillo do Home vano entregar nas mans dos homes, que o matarán; pero, despois de morto, pasados tres días, ha resucitar.


porque estes son días de escarmento, nos que se cumprirá canto está escrito.


Porque vos aseguro que é preciso que se cumpra en min aquilo que está escrito: "Foi contado entre os malfeitores". E o tocante a min vaise cumprir.


E engadiu: Así está escrito: o Mesías padecerá e resucitará de entre os mortos no terceiro día,


E engadiu: Cómpre que o Fillo do Home padeza moito, que o rexeiten os anciáns, os sumos sacerdotes e mais os letrados, e que o executen, e que ó terceiro día resucite.


Quédevos isto ben gravado: ó Fillo do Home vano entregar nas mans dos homes.


Coma Moisés alzou a serpente no deserto, así debe ser alzado o Fillo do Home,


Estudiades as Escrituras, coidando que nelas tedes vida eterna: pois esas son as que testemuñan a favor meu


Pois se vós crerades a Moisés, habiades crer tamén en min, xa que de min escribiu el.


A cumpriu en nós, os seus fillos, resucitando a Xesús, conforme estaba escrito no salmo segundo: Ti es o meu Fillo: eu xereite hoxe.


Moito coidadiño de que non vos pase o que din os Profetas:


porque non abandonarás a miña alma no sitio dos mortos nin permitirás que o teu santo vexa a corrupción.


pero Deus cumpriu así o que anunciara por boca dos profetas: que o seu Cristo padecería.


Foi este Moisés quen lles dixo ós fillos de Israel: Deus fará xurdir un profeta coma min de entre os vosos irmáns.


Porque xa que a Lei contén soamente unha sombra dos bens futuros e non a imaxe mesma destas realidades, cos sacrificios que se ofrecen —sempre os mesmos cada ano—, endexamais non poderá a Lei volver perfectos ós que se acollen a ela.


Ora, Moisés mereceu confianza coma criado, para poder testemuñar a toda a casa o que lle foran dicindo;


Este Melquisedec, rei de Salén, sacerdote do Deus Supremo saíu ó encontro de Abraham, cando volvía de derrotar os reis, e bendiciuno.


Con iso quere mostrar o Espírito Santo que, mentres a primeira tenda estea en pé, aínda non está aberto o camiño para o santuario.


Pescudaron eles a data e as circunstancias ás que o Espírito de Cristo, presente neles, se quería referir, cando lles predicía os sufrimentos reservados a Cristo e as glorias que virían despois.


Boteime ós seus pés para o adorar; pero el díxome: "Non, non o fagas! Son un servo de Deus igual ca ti e cós teus irmáns, que manteñen o testemuño de Xesús. Adora a Deus, que dar testemuño de Xesús é ter espírito profético".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan