41 Pero eles, tolos de contento e sen saíren do seu asombro, non acababan de crer. Xesús preguntoulles: Tedes por aí algo que comer?
E se o citase a preito e respondese, non creo que escoitase os meus laios.
Pero estes, oíndolle dicir que estaba vivo e que ela o vira, non llo creron.
Estes fóronllelo contar tamén ós demais, pero nin a eles os creron.
Por último, aparecéuselles ós Once mentres estaban á mesa, botándolles na cara a súa incredulidade e a dureza de corazón, por non creren a aqueles que o viran resucitado de entre os mortos.
Tiñan tamén algúns peixes; el bendiciunos e mandou que os repartisen.
pero eles non lles daban creto: parecíalles un desatino das mulleres.
E dicindo isto, mostroulles as mans e mais os pés.
Déronlle un anaco de peixe asado.
Así, tamén vós tedes agora tristura; pero heivos de ver de novo e o voso corazón alegrarase, e a vosa alegría ninguén vola poderá quitar.
Xesús preguntoulles: Rapaces, tedes algo que comer? Eles responderon: Non.
Recoñeceu a voz de Pedro e deulle tal alegría, que, se había de abrir o portal, correu a avisar que Pedro estaba na porta.