2 Pero atoparon quitada a lousa, arredada do sepulcro.
Entón produciuse un grande terremoto, xa que o anxo do Señor, baixando do ceo, removeu a lousa e sentou enriba dela.
A madrugada do primeiro día da semana foron ó sepulcro, levando os perfumes que tiñan preparados.
Entraron, e viron que o corpo do Señor non estaba alí.
Xesús estremecéndose de novo, chegou á sepultura. Era unha cova, e tiña unha pedra por riba.
Arredaron entón a pedra. Xesús ergueu os ollos e dixo: Meu Pai, douche grazas porque me escoitaches.