16 Pero os seus ollos estaban incapacitados para o recoñeceren.
Xosé recoñecía a seus irmáns, pero eles non recoñecían a Xosé.
Despois disto, aparecéuselles, en figura diferente, a dous que ían de camiño a un lugar.
E resulta que mentres parolaban e discutían, Xesús en persoa, achegouse e camiñaba canda eles.
Entón preguntoulles: De que ides falando polo camiño? Eles pararon cun rostro moi tristeiro,
Entón abríronselles os ollos e recoñecérono; pero el desapareceu.
Dito isto, virouse cara atrás e viu a Xesús alí de pé, pero sen se decatar de que era Xesús.
Xusto cando acababa de romper o día, presentouse Xesús na ribeira do lago. Pero non se decataron os discípulos de que era Xesús.