Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 23:5 - Biblia SEPT

5 Pero eles teimaban dicindo: Anda encirrando á xente, ensinando por toda Xudea, desde Galilea ata aquí.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 23:5
24 Iomraidhean Croise  

A miña gorxa está reseca, coma tella, a lingua apegada ó padal: botáchesme no po da morte.


Desde o ceo mandarame a salvación, confundirá ós que me oprimen, mandará o seu amor e a súa verdade.


Estou esgotado de berrar, a miña gorxa está rouca; os meus ollos anúbranse agardando ó meu Deus.


En rematando de lles dar estas instrucións ós doce discípulos, partiu de alí para ensinar e predicar por aquelas vilas.


Xesús naceu en Belén de Xudea, en tempos do rei Herodes. E nisto uns magos de Oriente chegaron a Xerusalén preguntando:


Vendo Pilato que non conseguía nada, senón que, pola contra, o barullo ía a máis, tomou auga e lavou as mans diante de todos dicindo: Alá vós, eu non son responsable deste sangue.


Xesús percorría a Galilea enteira ensinando nas sinagogas e anunciando a Boa Nova do Reino, curando canta doenza padecía o pobo.


Cando prenderon a Xoán, marchou Xesús a Galilea a anunciar a Boa Nova de Deus,


E saíndo de alí, os letrados e fariseos empezaron a encirralo, tirándolle da lingua,


Pero eles porfiaban a berros e pedían a crucifixión, facendo cada vez máis algareo.


Oíndo aquilo, Pilato preguntou se aquel home era galileo.


O outro día decidiu Xesús saír para a Galilea; atopou a Filipe e díxolle: Sígueme.


Pero eles berraban: Fóra, fóra! Crucifícao! Pilato preguntoulles: Pero como vou crucificar o voso rei? Os sumos sacerdotes insistiron: Non temos máis rei có César.


Foi así como fixo Xesús o primeiro dos signos en Caná de Galilea; manifestou a súa gloria, e creron nel os seus discípulos.


Outros: "Este é o Mesías". Outros, en cambio, dicían: "Pero é que o Mesías vai vir da Galilea?


Respondéronlle: Tamén ti es da Galilea? Pois estuda e verás como da Galilea non sae profeta ningún.


Vós sabedes o que pasou en toda a Xudea, comezando desde Galilea, despois do bautismo que Xoán predicou:


A liorta ía a maiores e o tribuno, temendo que esnaquizasen a Paulo, ordenou á tropa que baixase a quitalo do medio deles para o levar ó cuartel.


O sentiren isto, rabiaban de carraxe e queríanos matar.


O sentiren isto, adoecían e renxían os dentes contra Estevo.


Entón pegaron a berrar, taparon os oídos, e todos á xunta arremeteron contra el;


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan