Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 23:2 - Biblia SEPT

2 Alí empezárono a acusar, dicindo: Atopamos a este revolucionando ó pobo, impedíndolle pagar o tributo ó César, e declarándose ademais Mesías e rei.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 23:2
33 Iomraidhean Croise  

Cando Acab viu a Elías, díxolle: —"Es ti, ruína de Israel?"


Preséntanse testemuñas violentas e interróganme sobre cousas que non sei.


Por canto tempo atacaredes contra un, para, entre todos, o abater, coma muro en ruína, coma parede esborrallada?


Xa estou oíndo a sentencia, aumenta o terror ó arredor: "Denunciádeo, denunciémolo". Todos os que se fiaban da miña mensaxe de paz, agardan a miña caída: "A ver se se deixa seducir: poderemos con el, e vingarémonos del".


Entón as autoridades dixéronlle ó rei: Fágase morrer a este home, pois deste xeito está a afrouxar os ánimos dos homes de guerra que quedan nesta cidade e os ánimos de todo o exército, dicíndolles cousas coma estas. Certamente este home non está a buscar o benestar para o pobo, senón que está a buscar a súa desgraza.


Daquela, Amasías, sacerdote de Betel, mandou recado a Ieroboam rei de Israel, dicíndolle: "Amós está a conspirar contra ti no medio e medio do casal de Israel; o país xa non pode aturar por máis tempo as cousas que di.


Logo fixen desaparecer a tres pastores nun só mes. Perdín a paciencia con eles, e eles tamén se anoxaron comigo.


Con todo, para non ser ocasión de escándalo, vai ó mar, bota o anzol, colle o primeiro peixe que pique, e ábrelle a boca: alí atoparás unha moeda. Cóllea, e entrégaa por min e mais por ti.


Contestáronlle: Do César. Entón replicoulles: Pois logo dádelle ó César o que é do César e a Deus o que é de Deus.


Compareceu Xesús ante o gobernador, que lle preguntou: Es ti o rei dos xudeus? Xesús contestou: Ti o dis.


Xesús replicoulles: Pois logo dádelle ó César o do César, e a Deus o de Deus. E ficaron pasmados.


Pilato preguntoulle: Es ti o rei dos xudeus? Respondeulle: Ti o dis.


e díxolles: Trouxéstesme este home coma se fose un revolucionario; pero eu, despois de o interrogar diante de vós, non atopei nel ningún delito deses dos que o acusades;


Pero eles teimaban dicindo: Anda encirrando á xente, ensinando por toda Xudea, desde Galilea ata aquí.


Saíu entón fóra Pilato, onda eles, e preguntou: Que acusación traedes contra este home?


Eles responderon: Se este non fose un malfeitor, non cho entregabamos.


Despois disto Pilato procuraba liberalo. Pero os xudeus berraban: Se soltas a ese, non es amigo do César: todo o que se fai rei, oponse ó César.


Eles non poden probar as cousas de que agora me acusan.


Nós descubrimos que este home é unha peste: fomenta enlizos entre todos os xudeus que hai polo mundo enteiro e é cabeza do partido dos Nazarenos.


Dádelle a cada un o que lle é debido: tributo, imposto, respecto ou honor, segundo o caso.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan