Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 23:11 - Biblia SEPT

11 Herodes e mais os seus soldados aldraxárono, e, para faceren riso del, vestírono cunha roupa fachendosa; e despois Herodes mandoullo de volta a Pilato.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 23:11
16 Iomraidhean Croise  

clamaron cara a ti, e foron salvos, confiaron en ti e non lles fallaches.


Así fala o Señor, o Redentor de Israel, o seu Santo: "A ti, o desprezado da xente, abominado do pobo, servo dos gobernantes, verante os reis e levantaranse; os príncipes prostaranse ante ti, porque a ti te escolleu o Señor que é fiel, o Santo de Israel".


Desprezado, o máis rexeitado dos homes, varón de sufrimentos, familiarizado coa dor. Coma alguén de quen se esconde a cara, desprezado, non lle tivemos aprecio.


Naquel tempo chegou a sona de Xesús ós oídos de Herodes, o tetrarca.


Pois Herodes prendera a Xoán, meténdoo na cadea por cousa de Herodías, muller de seu irmán Filipo.


Mais, cando Herodes celebrou o seu día de anos, a filla de Herodías bailou diante de todos. E tanto lle agradou a Herodes


El contestoulles: Elías ten que vir primeiramente a restablecelo todo. Pero entón, como é que está escrito que o Fillo do Home ten que padecer moito e ser aldraxado?


Tamén estaban alí os sumos sacerdotes e mais os letrados acusándoo con ardor.


Entón saíu fóra Xesús, levando a coroa de espiños e o manto de púrpura. Pilato díxolles: Velaquí o home.


Entra na vosa asemblea é un supoñer un home cun anel de ouro, vestido con moita galanura, e entra tamén un pobre vestido con farrapos;


se vos fixades no que vai ben vestido, e lle dicides: "ti acomódate ben aquí", e ó pobre "ti queda de pé aí", ou "senta no chan ós meus pés",


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan