10 Tamén estaban alí os sumos sacerdotes e mais os letrados acusándoo con ardor.
E ós cargos que lle facían os sumos sacerdotes e mais os senadores, non respondeu nada.
E saíndo de alí, os letrados e fariseos empezaron a encirralo, tirándolle da lingua,
Herodes e mais os seus soldados aldraxárono, e, para faceren riso del, vestírono cunha roupa fachendosa; e despois Herodes mandoullo de volta a Pilato.
Alí empezárono a acusar, dicindo: Atopamos a este revolucionando ó pobo, impedíndolle pagar o tributo ó César, e declarándose ademais Mesías e rei.
Pero eles teimaban dicindo: Anda encirrando á xente, ensinando por toda Xudea, desde Galilea ata aquí.
Fíxolle moitas preguntas, pero Xesús non dixo palabra.
Nós descubrimos que este home é unha peste: fomenta enlizos entre todos os xudeus que hai polo mundo enteiro e é cabeza do partido dos Nazarenos.