Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 22:53 - Biblia SEPT

53 Pero eu estiven a diario convosco no templo, e non me puxestes as mans enriba. Ben: esta é a vosa hora, e o poder das tebras.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 22:53
20 Iomraidhean Croise  

que o reloucar dos malvados é para pouco e que a ledicia dos impíos dura un intre?


Entrou no templo e mentres ensinaba, acercáronselle os sumos sacerdotes e mais os senadores do pobo, para lle preguntaren: Con que autoridade fas esas cousas? Quen che deu tal autoridade?


Entón díxolles ós que viñan contra el, sumos sacerdotes, oficiais da garda do templo e anciáns: Viñéstesme prender con paus e espadas, coma se fose un bandido.


Prendérono e levárono á casa do Sumo Sacerdote. Pedro seguíao de lonxe.


Agora o meu espírito está turbado. E que hei de dicir: Pai, sálvame desta hora? Pero se para iso cheguei a esta hora!


El, collendo o pan, saíu axiña. Era de noite.


Xa non falarei moito convosco, pois está a vir o príncipe deste mundo. Sobre min non ten nada;


Daquela trataban de prendelo; pero ninguén lle botou man: aínda non chegara a súa hora.


Foron entón os gardas onda os xefes dos sacerdotes e os fariseos. Eles preguntáronlles: Por que non o trouxestes?


para que lles abras os ollos a fin de que volvan das tebras á luz e do poder de Satán a Deus e, pola fe en min, reciban o perdón dos pecados e mais a herdade entre os santos".


Porque non é a nosa loita contra homes de carne e óso senón contra os principados, contra as potestades, contra os que dominan neste mundo tenebroso, contra os espíritos do mal, que andan polo aire.


Porque El arrincounos da pouta das tebras para nos pasar ó Reino de seu Fillo querido,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan