Entón díxolles ós que viñan contra el, sumos sacerdotes, oficiais da garda do templo e anciáns: Viñéstesme prender con paus e espadas, coma se fose un bandido.
Cando eu estaba con eles, coidábaos no teu lugar. Ti entregáchesmos; eu agarimeinos, e ningún deles se perdeu, fóra do fillo da perdición, de xeito que se cumprise a Escritura.
Eu, Paulo en persoa, pídovos isto, pola paciencia e benignidade de Cristo: eu, que na vosa presenza parezo coitado pero que, ausente, son ousado convosco.