Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 22:18 - Biblia SEPT

18 pois asegúrovos que non volverei beber do produto da viña ata que chegue o Reino de Deus.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 22:18
22 Iomraidhean Croise  

e viño que alegra o corazón do home; para que co aceite fagan brillar o seu rostro e co pan repoñan as forzas.


—Xa veño para o meu horto, cariño, miña noiva; collín xa a miña mirra e o meu bálsamo, comín xa do meu panal o do meu mel, bebín xa do meu viño e do meu leite. Comede, pois, amigos, e bebede ata embebedarvos de agarimos!


Nesta montaña o Señor dos Exércitos ofreceralles a todos os pobos un banquete de boas talladas, de viños anellos, carnes ben condimentadas, viños refinados.


Oh, sedentos todos, vinde por auga! Os que non tedes prata, vinde, comprade comida e comede, vinde e comprade comida; sen prata e sen diñeiro (comprade) viño e leite.


O Señor dos Exércitos protexeraos, pero as pedras da súa fonda devorarán e esmagarán; si, beberán sangue coma viño, e encheranse coma a copa dos sacrificios, coma os cornos do altar.


Que feliz será o seu pobo! Que fermoso será! O trigo fará medrar os mozos, o viño novo fará medrar as mozas.


E eu asegúroche que ti es Pedro, a pedra; e sobre esta pedra vou edificar a miña Igrexa; e as portas do Inferno non prevalecerán en contra dela.


E asegúrovos que desde agora non volverei beber este produto da viña ata o día que o beba, noviño, convosco no Reino do meu Pai.


E collendo unha copa, dando grazas, pasóullela, e todos beberon dela.


Asegúrovos que xa non volverei beber do produto da viña ata o día que o beba, noviño, no Reino de Deus.


Alí dábanlle viño con mirra pero non o quixo.


E engadiu: Tede por seguro que algúns dos aquí presentes non han morrer sen veren antes chegar o Reino de Deus con gran poder.


Pois vós igual: cando vexades que pasan estas cousas, caede na conta de que xa está preto o Reino de Deus.


Porque vos digo que xa non a volverei comer ata que chegue o seu cumprimento no Reino de Deus.


E tede por seguro que algúns dos aquí presentes non morrerán sen antes veren chegar o Reino de Deus.


Porque El arrincounos da pouta das tebras para nos pasar ó Reino de seu Fillo querido,


E respondeulles a vide: E hei de renunciar eu ó meu viño, que fai poñer ledos a deuses e homes, para me ir abanear polas árbores?


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan