13 Foron eles, atoparon todo tal como lles dixera, e prepararon a Pascua.
Foron os discípulos, e atoparon todo tal como lles dixera.
O ceo e mais a terra pasarán, pero as miñas palabras non pasarán.
El havos mostrar no sobrado unha sala grande, xa disposta: facede alí os preparativos.
Cando chegou a hora, púxose á mesa cos seus apóstolos.
Xesús contestoulle: Non che dixen que se cres, verás a gloria de Deus?
Súa nai díxolles entón ós servidores: Facede o que el vos diga.
Deus chamou por Abraham, e este, movido pola fe, obedeceuno, saíndo para un lugar que había de recibir en posesión, aínda que saíu sen saber onde ía.