11 dicídelle ó dono da casa: "O Mestre mándanos preguntar: Onde está o lugar no que poida comer a Pascua cos meus discípulos?".
Se alguén vos pregunta algo, respondédeslle que lle fan falta ó Señor, e que de seguida llos mandará de volta.
Ide tras el e onde entre, dicídelle ó dono da casa: "O Mestre pregunta: onde está o lugar no que podo comer a Pascua cos meus discípulos?"
E se alguén vos pregunta: "Por que o soltades?", respondédelle: "Precísao o Señor".
Eles contestaron: Precísao o Señor.
O pasar Xesús por aquel lugar, levantou a vista e díxolle: Zaqueo, baixa de contado, que hoxe teño que parar na túa casa.
El respondeu: Mirade, cando entredes na cidade, havos saír ó paso un home, levando unha ola de auga. Seguídeo ata a casa onde entre,
El havos mostrar no sobrado unha sala grande, xa disposta: facede alí os preparativos.
E, ditas estas cousas, saíu e chamou por María, súa irmá, dicíndolle polo baixo: O Mestre está aquí e chama por ti.
Mira que hai tempo que estou a petar na túa porta. Se alguén escoita a miña voz e abre a porta, eu entraría cabo del e cearía con el e el comigo.