8 El empezoulles a dicir: Estade atentos, para non vos extraviar. Porque han vir moitos no meu nome, dicindo: "son eu" e "está a chegar o momento", pero non os sigades.
Así fala o Señor dos Exércitos, o Deus de Israel: Que non vos enganen os profetas que están entre vós, nin os vosos adiviños: Non lles fagades caso ós vosos soños, que vós mesmos provocades.
Entón Xesús continuou: Cando ergades o Fillo do Home, entón comprenderedes que "Eu son", e que non fago nada pola miña conta, senón que falo do que o Pai me ensinou.
Non sabedes que os inxustos non herdarán o Reino de Deus? Non vos levedes a engano: nin os indecentes, nin os idólatras, nin os adúlteros, nin os efeminados, nin os homosexuais,
Meus amigos, non fiedes en calquera espírito; máis ben, poñede á proba os espíritos, para ver se veñen de Deus. Porque de entre nós saíron polo mundo moitos falsos profetas.