Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 21:6 - Biblia SEPT

6 Todo isto que estades a contemplar, días virán nos que o derrubarán ata que non quede pedra sobre pedra.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 21:6
20 Iomraidhean Croise  

Miqueas, o de Moréxet, que foi profeta durante o reinado de Ezequías, rei de Xudá, faloulle a todo o pobo de Xudá, dicíndolle: así fala o Señor dos Exércitos: Sión será arada coma un campo. Xerusalén será un montón de ruínas e o monte do templo volverase un outeiro.


entón eu volverei este templo coma o de Xiloh e converterei esta cidade nunha sorte de maldición para todos os pobos do mundo".


porque te atreves a profetizar no nome do Señor, dicindo que este templo se volverá coma o de Xiloh e que esta cidade se quedará nas ruínas e sen habitantes". Todo o mundo se puxo arredor, contra Xeremías, no templo.


(Alef) Ah, como se enferruxou o ouro, como escureceu o ouro máis fino! As pedras do templo están esparexidas na cabeceira das rúas!


Sobre o monte Sión produciuse devastación, as raposas camiñan por el.


Por isto, por culpa vosa, Sión será arado coma un campo, Xerusalén converterase en ruínas, e a montaña do templo un conxunto de outeiros a monte".


Abre, Líbano, as túas portas, que o lume devora os teus cedros.


Xuntarei a todos os pobos para a guerra contra Xerusalén, a cidade será collida, as casas serán saqueadas e as mulleres violadas. Media cidade sairá á deportación, pero o resto do pobo non será quitado dela;


El díxolles: Vedes todo isto? Pois eu asegúrovos que se derrubará ata que non quede pedra sobre pedra.


Xesús respondeu: Vedes eses grandes edificios? Pois han ser derrubados, ata que non quede pedra sobre pedra.


Eles preguntáronlle: Mestre, dinos, cando van pasar estas cousas? Cal será o signo de que van suceder?


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan