Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 21:21 - Biblia SEPT

21 Entón os que estean en Xudea, que fuxan para os montes; os que estean na vila, que se afasten; e os que estean no campo, que non entren na vila;

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 21:21
13 Iomraidhean Croise  

Alí fóra dixéronlle: —"Fuxe, salva a túa vida. Non olles para atrás. Non te deteñas nesta veiga. Corre á montaña, se non queres perecer".


A muller de Lot mirou para atrás, e trocouse en estatua de sal.


O asisado ve o perigo e apártase; os docas tiran para diante, e páganas.


Pero cando Nabucodonosor, rei de Babilonia, subiu a este país, nós dixemos: "É mellor entrar en Xerusalén para fuxir do exército dos caldeos e do exército dos arameos", e por isto vivimos en Xerusalén.


saíu Xeremías de Xerusalén para ir á rexión de Benxamín, a fin de asistir ó reparto dunha herdanza entre o pobo.


Fuxide do medio de Xerusalén, descendentes de Benxamín: tocade o corno da desbandada desde Tecoa, facede sinais desde o alto de Bet—ha—Quérem; ollade que o desastre xa se ve vir desde o norte, unha enorme desgraza.


Entón díxolle á comunidade: —"Afastádevos, por favor, de onda as tendas destes homes perversos, e non toquedes nada de canto lles pertence, para que non sexades arrastrados no medio dos seus pecados!"


Xesús naceu en Belén de Xudea, en tempos do rei Herodes. E nisto uns magos de Oriente chegaron a Xerusalén preguntando:


entón quen estea en Xudea que fuxa ó monte;


quen estea na azotea, que non baixe á casa nin para coller cousa ningunha;


Logo oín outra voz que viña do ceo e dicía: "Saíde dela, meu pobo, para non terdes parte nos seus pecados, e para que non vos toquen os seus castigos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan