Dei a orde de colocar esas reservas baixo o coidado do sacerdote Xelemías, do escriba Sadoc e de Pedaías, un dos levitas, axudados por Hanán, fillo de Zacur, fillo de Matanías, pois pasaban por homes fieis. Tocáballes a eles facer a repartición entre os seus irmáns.