9 Entón púxose a contarlle á xente esta parábola: Un home plantou unha viña, arrendóullela a uns viñateiros e marchou para lonxe.
Eu fixen de ti un plantío de cepa escollida, todo el de patrón lexítimo, con que dereito te me volviches cepa brava, dexenerada?
Si, é tamén coma un home que, tendo que saír de viaxe, chamou polos seus criados e deulles o coidado da súa facenda.
Dixo: Un home nobre marchou a un país distante, a que o coroasen rei, e volver despois.
No seu tempo mandou un criado para cobrarlles as rendas da viña. Pero os viñateiros zorregáronlle duro e despedírono coas mans baleiras.
Xesús replicoulles: Pois eu tampouco non vos vou dicir con que autoridade fago estas cousas.
Poñerás pola túa conta para as túas tribos xuíces e maxistrados en todas as cidades, que o Señor, o teu Deus, che vai dar, e han de xulgar o pobo con xuízo xusto.