Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 20:7 - Biblia SEPT

7 E acabáronlle dicindo que non o sabían.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 20:7
18 Iomraidhean Croise  

Señor, a túa man está levantada, pero non a ven; que se avergoncen ó veren o celo polo teu pobo. Si, o lume destinado ós teus inimigos, consumiraos.


Por isto, velaí: eu volverei a asombrar este pobo, facendo marabillas e prodixios: a sabedoría dos seus sabios perecerá e a intelixencia dos seus intelixentes quedará enterrada".


Ollei, e non había un; ollei entre aqueles, e non había quen aconsellase. Se lles preguntase, devolveríanme a pregunta.


Non saben nada nin entenden, están ofuscados; os seus ollos non ven, e a súa mente non pensa.


E díxome o Señor: "Procura as ferramentas dun pastor que sexa aparvado.


"Ai do pastor de vento, que abandona o rabaño! Unha espada está contra o seu brazo e contra o seu ollo dereito. O seu brazo estase secando, o seu ollo dereito estase apagando. Espada, esperta contra o meu pastor, contra o home do meu acompañamento". 13,7 —É o Señor dos Exércitos quen fala—. "Fire ó pastor e que se esparexan as ovellas! Si, eu revolverei a miña man contra as súas crías. 13,8 Sucederá en todo o país —é o Señor quen fala— que de tres partes del, dúas desaparecerán e a terceira quedará. 13,9 Eu farei pasar polo lume esta terceira parte, purificareinos tal como se refina a prata, limpareinos tal como se purifica o ouro. El invocará o meu Nome e eu escoitareino. Direi: "El é o meu pobo". E el dirá: "O Señor é o meu Deus".


Pero se lle respondemos: dos homes, a xente toda vainos correr a pedradas, porque está convencida de que Xoán era un profeta".


Xesús replicoulles: Pois eu tampouco non vos vou dicir con que autoridade fago estas cousas.


Entón dixo Xesús: Para realizar un xuízo vin eu a este mundo: para que os que non ven, vexan; e os que ven, se volvan cegos.


Antes de nada, tede presente que nos derradeiros días virán uns que farán riso de todo e que se comportarán segundo os seus propios antollos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan