Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 20:21 - Biblia SEPT

21 Así dixéronlle: Mestre, sabemos que falas e ensinas rectamente, e non xulgas polas aparencias, senón que mostras o camiño verdadeiro de Deus.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 20:21
16 Iomraidhean Croise  

Polo tanto, temede ó Señor e procedede con coidado. Porque o Señor, o noso Deus, non admite inxustizas, favoritismos nin subornos".


A El, que cos principais non ten favoritismo, que non se pon da parte do podente contra o pobre, pois todos eles son obra das súas mans.


Salva, Señor, que se acaban os xustos, desaparecen os rectos de entre os homes.


Erguen a man contra os amigos e violan os pactos.


E mandáronlle algúns dos seus discípulos e dos partidarios de Herodes, que lle preguntaron: Mestre, sabemos que es sincero: que ensinas o verdadeiro camiño de Deus e que non andas con miramentos, porque non te deixas levar polos respectos humanos.


O que chegaron onda el, preguntáronlle: Mestre, sabemos que es sincero, e non andas con miramentos, porque ti non te deixas levar polos respectos humanos, senón que ensinas o verdadeiro camiño de Deus. Está permitido pagarlle a contribución ó Cesar, ou non? Pagámoslla ou non lla pagamos?


Entón puxéronse á espreita e mandáronlle uns espías, que finxían hipocritamente seren boa xente, para ver se o pillaban nalgún delito, e así podéreno entregar á xurisdición do gobernador.


Está permitido pagar a contribución ó César ou non?


Este veu onda el pola noite e díxolle: —Rabbí: sabemos que viñeches de Deus coma mestre, pois ninguén pode facer estes signos que ti fas, non sendo que Deus estea con el.


Nós, de feito, non imos traficando coa mensaxe de Deus, coma tantos outros, senón que falamos con transparencia, coma quen é de Deus e fala diante de Deus, en Cristo.


Que! Intento eu agora quedar ben cos homes ou con Deus? Ou é que loito por compracer ós homes? Se a estas alturas aínda estivese procurando compracer ós homes, non sería un servo de Cristo.


E dos que tiñan autoridade... (a min non me fai diferenza o que foron noutros tempos, que Deus non ten ningún aquel polo prestixio do home), pois tampouco eses que eran algo non me impuxeron cousa ningunha.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan