Entón Paulo e Bernabé dixeron ousadamente: Tiñamos que anunciarvos a palabra de Deus primeiro a vós; pero, visto que a refugades e non vos considerades dignos da vida eterna, volvémonos cara ós pagáns;
Pero entón pregunto: e non será que Deus rexeitou ó seu pobo? De ningunha maneira. Pois tamén eu son israelita, da proxenie de Abraham, pola tribo de Benxamín:
Sigo preguntando: E eles tropezaron para non se ergueren máis? De ningunha maneira. O contrario, pola súa caída veulles a salvación ós xentís, a fin de espertar neles os celos.
De ningunha maneira. Quede ben claro que Deus é veraz, e que todo home é mentireiro, como está escrito: Os teus argumentos amosarán a túa inocencia e no xuízo sairás vencedor.
Resulta, logo, que o que era bo se fixo morte para min? Non, abofé. Pero o pecado, valéndose do que era bo, causoume a morte, mostrándose así no seu auténtico carácter de pecado; dese xeito, grazas ó mandamento, resalta extraordinariamente o carácter criminal do pecado.
Temos que concluír, logo, que a Lei é pecado? De ningunha maneira. Non obstante, eu non coñecín o pecado senón pola Lei, porque non coñecería a cobiza se a Lei non dixese "non cobizarás".
Non sabedes que os vosos corpos son membros de Cristo? E vou coller os membros de Cristo e convertelos en membros dunha prostituta? De ningunha maneira!
Logo é que a Lei vén estar contra as promesas de Deus? Nin moito menos. Certo que, se nos desen unha Lei capaz de nos acadar a vida, a xustificación viría realmente da Lei.