Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 20:13 - Biblia SEPT

13 Entón dixo o dono da viña: "Que farei? Voulles mandar o meu fillo benquerido: seguro que o respectan".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 20:13
19 Iomraidhean Croise  

Que máis lle puiden facer á miña viña que non llo fixera? Por que, esperando eu que dese boas uvas, deu tan só agraces?


Tal vez escoiten os de Xudá toda a desgraza que estou pensando causarlles, de xeito que se arrepintan cada un deles do seu mal comportamento, e eu lles poida perdoar as súas iniquidades e mais os seus pecados.


Tal vez a súa oración caia ben na presenza do Señor e se arrepintan cada un do seu mal comportamento, porque terrible é a cólera e furor que o Señor anunciou sobre este pobo.


Oe ti, fillo de Adam, prepara o teu fardelo de desterrado, e marcha ó desterro en pleno día, ante os seus propios ollos; marcha do teu lugar a outro lugar á vista deles, a ver se o ven, pois son Casa Rebelde.


Como te vou entregar, Efraím? Como te vou deixar, Israel? Como te vou entregar igual ca Ademah? Como te vou volver igual ca Seboim? O meu corazón revólvese contra min, ó mesmo tempo que a miña compaixón se conmove.


Que che vou facer, Efraím? Que che vou facer, Xudá? O voso amor é coma a nube da mañá, coma o orballo da madrugada, que pasa.


E aínda estaba falando cando apareceu unha nube luminosa que os cubriu; e unha voz saíndo da nube dixo: Este é o meu Fillo benquerido, o meu predilecto: escoitádeo.


E oíuse desde o ceo unha voz que dicía: Este é o meu fillo benquerido, o predilecto.


Había nunha vila un xuíz que nin temía a Deus nin respectaba o home.


El durante moito tempo non lle fixo caso ningún; pero despois cavilou: "Aínda que non temo a Deus nin respecto o home,


E volveulles mandar aínda un terceiro; pero eles tamén o malferiron e expulsaron.


O velo, os viñateiros apalabráronse uns cos outros entre si: "Este é o herdeiro; matámolo, e a herdanza é para nós".


Entón unha voz dixo desde a nube: Este é o meu Fillo, o Elixido: escoitádeo.


E eu vino e dou testemuño de que este é o Fillo de Deus.


Pois o imposible para a Lei, por estar incapacitada por culpa da nosa condición irredenta, realizouno Deus: mandando, por cousa do pecado, o seu propio Fillo nunha condición semellante á condición do pecado, condenou o pecado nesa propia condición.


Mais así que chegou a plenitude dos tempos, Deus mandounos o seu Fillo, nacido de muller e suxeito á Lei,


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan