Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 20:10 - Biblia SEPT

10 No seu tempo mandou un criado para cobrarlles as rendas da viña. Pero os viñateiros zorregáronlle duro e despedírono coas mans baleiras.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 20:10
32 Iomraidhean Croise  

Entón adiantouse Sedecías, fillo de Cananah, e deulle unha labazada a Miqueas, preguntándolle: —"Como é que se foi de onda min o espírito do Señor, para irche falar a ti?"


O Señor advertira a Israel e a Xudá polos profetas e os videntes: —"Deixádevos dos malos camiños e gardade os mandamentos, os preceptos e as leis, que eu prescribín ós vosos pais e que vos inculquei a vós polos meus servos os profetas".


Entón, Hanún, apresando os servos de David, rapounos e cortoulles os vestidos polo medio ata as nádegas, e logo despachounos.


Asá indignouse co vidente, e irritado con el polas súas palabras, meteuno no cárcere. Por entón asañouse tamén con outras persoas do pobo.


Pero eles rebeláronse contra ti, rexeitaron a túa Lei, mataron os teus profetas, que os amoestaban a retornar a ti, e fixéronse culpables de grandes ofensas.


Ti soportáchelos durante moitos anos, o teu espírito amoestounos por medio dos profetas, mais eles non fixeron caso. Foi entón cando os entregaches nas mans dos pobos pagáns.


É coma árbore plantada onda os regueiros: dá froito ó seu tempo, as súas follas non murchan, e todo o que fai acaba ben.


Estou castigando os vosos fillos en van: non aprenden; a vosa propia espada devorou os vosos profetas Vede que un león devorador vos anda arredor!


Paxhur fixo que lle desen unha tunda ó profeta Xeremías e meteuno no cepo que hai no templo do Señor xunto a porta maior de Benxamín.


Aínda que madruguei a mandarvos os meus servos os profetas, e repetidas veces volos mandei a dicirvos: "Arrepentídevos cada un de vós do seu mal vieiro, mellorade o voso comportamento, non vaiades tras deuses alleos para lles dar culto, e así viviredes na terra que vos dei a vós e a vosos pais", vós non prestastes oído, nin me fixestes caso.


Nin sequera pensa no seu corazón: "Respectemos o Señor, o noso Deus, ollade que nos está instruíndo, ó darnos a chuvia de cedo e a chuvia de tarde ó seu tempo, ó manter para nós as semanas xustas para a seitura".


Xerusalén, Xerusalén, que asasinas os profetas e apedras os que mandan onda ti! Cantas veces quixen aconchegar os teus fillos, como a galiña aconchega os seus pitiños baixo as ás e non quixeches!


Volveulles mandar outro criado; pero eles mallaron nel, aldraxárono e despedírono coas mans baleiras.


Entón púxose a contarlle á xente esta parábola: Un home plantou unha viña, arrendóullela a uns viñateiros e marchou para lonxe.


Non me escollestes vós a min, senón que vos escollín eu a vós; e púxenvos para que vaiades e levedes froito e o voso froito permaneza; de xeito que todo o que lle pidades ó Pai no meu nome, volo conceda.


Así que, meus irmáns, tamén vós quedastes mortos para a Lei mediante o corpo de Cristo, para pertencerdes a outro: a aquel que resucitou dos mortos; de xeito que deamos froitos para Deus.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan