Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 2:9 - Biblia SEPT

9 Presentóuselles un anxo do Señor, e a gloria do Señor rodeounos co seu resplandor. Eles levaron un gran susto.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 2:9
27 Iomraidhean Croise  

de xeito que non podían os sacerdotes seguir facendo o servizo, por cousa dela: a gloria do Señor enchía o templo.


Mentres Aharón falaba coa asemblea dos israelitas, volveron os ollos cara ó deserto, e viron a gloria do Señor mostrarse na nube.


Pola mañá veredes a gloria do Señor, que escoitou as vosas murmuracións contra El. Porque que somos nós, para que murmuredes contra nós?"


floreza abundantemente, que brinque en exultante danza! Concedéuselle a gloria do Líbano, o esplendor do Carmelo e do Xarón. Eles mesmos verán a gloria do Señor, o esplendor do noso Deus.


Pois vaise revelar a gloria do Señor, e toda carne verá o Único. Falou a boca do Señor".


Levántate, brilla, que a túa luz xa chegou; si, a gloria do Señor resplandece sobre ti.


Entón levanteime e fun cara ó val, e velaí a Gloria do Señor, a mesma Gloria que eu vira xunto ó río Quebar; e entón caín rostro en terra.


Tal era a súa resolución, cando o anxo do Señor se lle apareceu en soños, dicíndolle: Xosé, fillo de David, non repares en levar contigo a María, a túa prometida; que o que nela se concibiu é obra do Espírito Santo.


Entrando onde estaba ela, díxolle: Alégrate, chea de graza, o Señor está contigo.


Había naquela comarca uns pastores que pasaban a noite ó descuberto vixiando o seu rabaño.


Entón, mentres estaban todas perplexas por aquilo, apareceron dous homes con vestidos resplandecentes.


Dixo isto Isaías, pois viu a súa gloria e falou del.


De súpeto, presentouse o anxo do Señor, e unha luz resplandeceu na cela; e, tocándolle no costado, espertou a Pedro e díxolle: Érguete correndo! E caéronlle as cadeas das mans.


esta noite presentóuseme un anxo do Deus a quen pertenzo e a quen sirvo,


Mais de noite, o anxo do Señor abriu as portas da prisión pública, fíxoos saír e díxolles:


E nós todos, coa cara descuberta, reflectindo coma nun espello a gloria do Señor, a súa imaxe, ímonos transformando de gloria en gloria, pola acción do Espírito do Señor.


Pois o Deus que dixo brille a luz no medio das tebras, alumeou nos nosos corazóns, para que se manifestase o coñecemento da gloria de Deus no rostro de Cristo.


Estamos todos de acordo en que é grande o misterio da nosa relixión: Que se manifestou coma home, xustificou no Espírito, apareceulles ós mensaxeiros, predicáronllelo ós xentís, creu nel todo o mundo, foi exaltado na gloria.


Tan sublime era a aparición que o mesmo Moisés dixo: "Estou abraiado e tremendo".


Despois disto vin outro anxo baixar do ceo. Tiña gran poder e a terra quedou iluminada coa súa gloria.


Logo vin un gran trono branco e vin quen estaba nel sentado: da súa presenza fuxiron o ceo e a terra e deles non quedou nin rastro.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan