40 O neno ía medrando lanzal, forte e intelixente; e a graza de Deus estaba con el.
—"Acode ó Señor, que El o libre, que El o salve, se é que o ama".
No meu corazón bole unha palabra fermosa: vou recitar unha cántiga para o rei; a miña lingua é lixeira, coma pluma de escribán.
O meniño medraba, facéndose forte de espírito; e viviu no deserto ata o día no que se manifestou a Israel.
Todos os que o escoitaban estaban asombrados do seu talento e das súas contestacións.
Xesús medraba en estatura, en sabedoría e en graza diante de Deus e mais dos homes.
E a Palabra fíxose carne, e plantou entre nós a súa tenda, e nós vimos a súa gloria, gloria coma de Unixénito que vén do Pai, cheo de graza e de verdade.
Os apóstolos, con gran poder, daban testemuño da resurrección do Señor Xesús, e todos eles eran ben considerados.
E remato. Fortalecédevos no Señor e na puxanza do seu poder.
Polo tanto, ti, meu fillo, faite forte coa graza que hai en Cristo Xesús.
E pariu a muller un neno e puxéronlle de nome Sansón; e o rapaz fíxose grande, e bendiciuno Iavé.
O pequeno Samuel, pola súa parte, estaba ó servizo do Señor, cinguido cunha faixa de liño.
O Señor visitou a Ana, que concibiu e pariu tres fillos e dúas fillas. O neno Samuel, namentres, medraba na presenza do Señor.
Pola súa parte, o neno Samuel seguía medrando, querido polo Señor e polos homes.
Samuel ía crecendo; o Señor estaba con el e non deixou sen cumprimento ningunha palabra súa.