Cando eu viña de Padán, morreume Raquel, en Canaán, no camiño onde está a tumba cerca de Efrátah. E enterreina alí mesmo, no camiño de Efrátah, que é Belén".
Tal era a súa resolución, cando o anxo do Señor se lle apareceu en soños, dicíndolle: Xosé, fillo de David, non repares en levar contigo a María, a túa prometida; que o que nela se concibiu é obra do Espírito Santo.
E foron as dúas xuntas ata que chegaron a Belén. E aconteceu que, en chegando a Belén, rebuliu toda a vila por mor delas; e dicían: —"E logo non é esta Noemí?"
E todo o pobo que estaba á porta, e mais os anciáns, dixeron: —"Testemuñas somos! Que o Señor faga á muller que entre na túa casa semellante a Raquel e mais a Lea, que edificaron elas dúas a casa de Israel! Cobra forza en Efratah; acada renome en Belén!
O Señor faloulle a Samuel: —"Ata cando estarás aflixido por Xaúl, sendo que eu o rexeitei como rei de Israel? Enche o corno de óleo e vaite, de parte miña, onda Ixaí, o de Belén, pois escollín un rei entre os seus fillos".
David era fillo dun efrateo de Belén de Xudá, que se chamaba Ixaí e que tiña oito fillos. Nos días de Xaúl, ese home era xa vello, moi entrado en anos.
Se teu pai me bota de menos, ti diraslle: David pediume permiso para facer unha escapada á súa cidade de Belén, pois a súa familia celebra alí o sacrificio anual.