34 Bendiciunos Simeón e díxolle a María, a nai: Mira, este está disposto para caída ou levantamento de moitos en Israel, para ser bandeira de discusión;
A Efraím, para que lle volverán a servir os ídolos? Eu son, eu, quen o escoito e teño coidado del. Eu son coma o ciprés sempre verde, en min atópase froito para ti.
Apareceu o Fillo do Home, que come e bebe, e din: "que larpeiro, que bebedor e que amigo de recadadores e pecadores". Con todo, a sabedoría quedou acreditada polas súas obras.
Por iso os xudeus tiñan máis interese en matalo, porque non só violaba o sábado, senón que dicía que Deus era seu Pai, facéndose a si mesmo igual a Deus.
Como non os encontraron, arrastraron a Iasón e algúns dos irmáns diante das autoridades locais, berrando: Eses, que andan revolucionando o mundo enteiro, tamén viñeron aquí,
Elí bendicía a Elcanah e á súa muller, e agoiráballes: —"Que o Señor che conceda descendencia por esta túa muller, en pagas da que ela lle cedeu ó Señor". Despois volvían para a súa casa.