Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 2:32 - Biblia SEPT

32 luz de revelación para os xentís e gloria do teu pobo Israel.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 2:32
22 Iomraidhean Croise  

Escoitarei o que di o noso Deus: certamente o Señor fala de paz para o seu pobo e os seus amigos, para aqueles que se converten e confían.


Sucederá o día aquel que a raíz de Ixaí estará ergueita de bandeira das nacións,os pobos procurarana, e a gloria será o seu lugar de descanso.


O día aquel o abrollo do Señor servirá de honra e gloria; e o froito da terra será o orgullo e honor dos escapados de Israel.


Toda a descendencia de Xacob recibirá a xustiza de parte do Señor e nel se gloriará.


"é moi fácil para ti ser o meu servo, restablecendo as tribos de Xacob e facendo volver os protexidos de Israel, pois convértote en luz das nacións, e serás a miña salvación ata o confín da terra".


dicíndolle: Presos, saíde! Os que estades na escuridade, mostrádevos! Pastarán á beira dos camiños e nos montes pelados terán os seus pasteiros,


Aténdeme, pobo meu! Poboación miña, escóitame!: unha lei sae de onda min, e a miña sentencia será a luz dos pobos.


Non che volverá a servir o sol de luz durante o día, nin te alumará o resplandor da lúa, senón que o Señor será a túa luz eterna e o teu Deus será a túa luminosa gloria.


Multiplicaches o xúbilo, fixeches grande a ledicia. Alegráronse coa túa presenza, como coa alegría da seitura, o mesmo que saltarán de xúbilo ó repartiren o botín.


Cambiou de deuses un pobo algunha vez? (e iso que aqueles non son deuses). Pero o meu pobo cambiou a miña adoración pola dun deus que non serve.


Logo erguín os meus ollos e tiven unha visión: Velaí un home e na súa man un cordel de medir.


O pobo que xacía na escuridade viu unha gran luz: Para os que habitaban no escuro país da morte brillou unha alborada.


Pero o anxo díxolles: Non vos asustedes, que vos veño anunciar unha boa nova: vai haber unha gran alegría para todo o pobo.


o que preparaches para todos os pobos:


que o Mesías tiña que padecer e que, resucitado o primeiro de entre os mortos, anunciaríalles a luz ó noso pobo e ós pagáns.


Sabede, logo, que esta salvación de Deus ofrécese ós pagáns, e eles si que escoitarán.


E así, como está escrito, "quen está orgulloso, que o estea do Señor".


A cidade non precisa sol nin lúa que a ilumine, que a ilumina a gloria de Deus; e o Año é a súa lámpada.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan