27 Movido polo Espírito, foi ó templo, e, cando entraban os pais do neno Xesús para cumpriren o mandado pola Lei do Señor,
Logo collín a escritura da compra, o texto selado e cerrado coa lei e coas determinacións, e o texto aberto,
Foi entón cando o Espírito conduciu a Xesús ó deserto, para que Satán o tentase.
E cando chegou o tempo da purificación, conforme a Lei de Moisés, levaron o neno a Xerusalén, para llo presentaren ó Señor
el, colléndoo nos brazos, loou a Deus dicindo:
Polas festas da Pascua seus pais ían todos os anos a Xerusalén.
O velo, ficaron moi impresionados, e a súa nai preguntoulle: Meu fillo! Como te portaches así connosco? Mira que o teu pai e mais eu andamos cheos de angustia en busca túa.
Baixou con eles a Nazaret, e vivía baixo a súa autoridade. A nai conservaba todas estas cousas no seu corazón.
Entón Xesús, cheo de Espírito Santo, volveu do Xordán, e o Espírito levouno deserto adiante,
Estando Pedro matinando na visión, díxolle o Espírito: Hai aí uns homes que te buscan;
Díxome entón o Espírito que fose con eles sen reparos. Viñeron tamén comigo estes seis irmáns, e entramos na casa do home,
chegados de fronte a Misia, tentaron de entrar en Bitinia; pero o Espírito de Xesús non llelo permitiu;
Díxolle o Espírito a Filipe: Achégate e ponte a par dese carro.
Mais así que chegou a plenitude dos tempos, Deus mandounos o seu Fillo, nacido de muller e suxeito á Lei,
Caín en arroubo o día do Señor e oín detrás miña un berro forte, coma dunha trompeta,
Logo arrebatoume en arroubo ó deserto e vin unha muller montada nunha besta vermella, chea de nomes blasfemos, que tiña sete cabezas e dez cornos.