21 Os oito días tocaba circuncidar o neno e puxéronlle de nome Xesús, tal como o chamara o anxo antes da súa concepción.
Os oito días de nacer, circuncidade todos os varóns, unha xeración tras outra, o mesmo os nacidos na casa, coma os forasteiros adquiridos por diñeiro, que non son descendentes teus.
No oitavo día será circuncidado o meniño,
Dará a luz un fillo, e ti poñeraslle de nome Xesús, porque salvará o seu pobo de todos os seus pecados.
e sen que a tocase, ela deu a luz un fillo. E el púxolle de nome Xesús.
Xesús respondeulle: Deixa agora, pois convén que cumpramos a vontade de Deus. Xoán accedeu.
e, fíxate, vas concibir no teu ventre e darás á luz un fillo, ó que lle poñerás de nome Xesús.
Ós oito días levárono a circuncidar e queríanlle poñer Zacarías, coma seu pai.
Abaixouse a si mesmo, facéndose obediente ata á morte, e a morte na cruz!