20 Os pastores volveron, glorificando e loando a Deus por canto viran e oíran, tal como lles fora anunciado.
Bendito sexa o Señor, Deus de Israel, desde sempre e por sempre. Diga o pobo todo: Amén. Aleluia.
Dean grazas ó Señor pola súa misericordia, polos seus prodixios cos humanos.
Entón os pobres aínda se alegrarán máis no Señor, e os campesiños miserables brincarán de gozo polo Santo de Israel,
Vendo isto a xente, asombrouse e glorificaban a Deus por lles dar tal poder ós homes.
E proclamaba: Detrás miña está a chegar o que é máis forte ca min, ante quen non son digno de prostrarme para lle desatar os amallós do seu calzado.
E no instante recobrou a vista, e foise detrás del, loando a Deus. E todo o pobo, vendo aquilo, tamén loaba a Deus.
O sentiren isto, acougaron e glorificaron a Deus, comentando; "De xeito que Deus tamén concedeu ós pagáns o arrepentimento, para acadaren a vida!".