17 O que o viron, contaron todo o que lles dixeran do meniño,
Vide os que temedes o Señor, e contareivos o que El fixo por min.
Deste xeito falan entre eles os que respectan o Señor, cada un co seu próximo, pero o Señor préstalles atención e escóitaos, pois o libro das lembranzas estase escribindo na súa presenza, por mor dos que temen o Señor e estiman o seu Nome.
Foron a correr e atoparon a María e mais a Xosé, e á criatura deitada na manxadoira.
deixando pasmados a cantos escoitaban o que tal dicían os pastores.
Presentándose naquel intre no templo, glorificaba a Deus e falaba do neno a todos os que esperaban a redención de Xerusalén.
Volve para a túa casa, e conta o moito que Deus fixo contigo. E foise, pregoando pola vila enteira canto Xesús lle fixera.