16 Foron a correr e atoparon a María e mais a Xosé, e á criatura deitada na manxadoira.
Canto estea na túa man facer, faino! Porque non hai actividade, nin cálculo, nin coñecer, nin Sabedoría no Xeol, para onde camiñas.
Naqueles mesmos días saíu María con moita présa camiño da montaña, a unha vila de Xudá.
Foron os discípulos, e atoparon todo tal como lles dixera.
Este é o sinal: atoparedes unha criatura envurullada e deitada nunha manxadoira, nunha corte.
Cando os anxos se retiraron marchándose ó ceo, comentaban os pastores entre eles: Vaiamos a Belén ver o que sucedeu e que o Señor nos manifestou.
O que o viron, contaron todo o que lles dixeran do meniño,
e deu á luz o seu fillo primoxénito. Envolveuno nuns capizos e deitouno nunha manxadoira, na corte das bestas, porque dentro da pousada non había lugar para eles.
Foron eles, atoparon todo tal como lles dixera, e prepararon a Pascua.