Xubilade, ceos, porque o Señor actuou; gritade alegres, profundidades da terra. Montes, estalade de ledicia: o bosque e toda árbore que hai nel, porque o Señor redime a Xacob, vai mostrar a súa gloria en Xerusalén.
que pastorearán a terra de Asiria coa espada e o país de Nimrod coa lanza. Si, eles liberarán a esa Asiria, que entrará na nosa terra, e penetrará nas nosas lindes.
e baixou sobre el o Espírito Santo na aparencia corporal dunha pomba. Entón oíuse unha voz desde o ceo: Ti es o meu fillo benquerido, o meu predilecto; en ti me comprazo.
E oín que todas as criaturas que están no ceo e na terra e debaixo da terra e enriba do mar e todas as cousas que hai nelas, proclamaban: "Para quen está sentado no trono e para o Año: a bendición, a honra, a gloria e o poder polos séculos dos séculos".