Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Lucas 2:13 - Biblia SEPT

13 E, de súpeto, arredor do anxo apareceu unha multitude do exército celestial, que louvaba a Deus dicindo:

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Lucas 2:13
18 Iomraidhean Croise  

No soño que tivo viu unha esqueira afincada na terra e co cimo tocando o ceo; por ela subían e baixaban os anxos de Deus.


Miqueas dixo aínda: —"Agora escoita a palabra do Señor. Vin o Señor sentado no seu trono, e todo o exército do ceo onda el, á súa dereita e á súa esquerda.


entre o choutar dos luceiros do abrente e os aturuxos dos seres celestes?


Loádeo os seus anxos, loádeo os seus exércitos.


por que, montañas esgrevias, ollades con envexa o monte que Deus elixiu para a súa morada? O Señor habitará por sempre nel!


O Espírito colleume en arroubo e escoitei detrás miña o ruído dun gran terremoto: "Bendita a gloria do Señor no seu templo!".


Asegúrovos que outro tanto se alegran os anxos por un só pecador que se converta.


Este é o sinal: atoparedes unha criatura envurullada e deitada nunha manxadoira, nunha corte.


Gloria a Deus no ceo e na terra paz ós homes que gozan do seu amor!


Así desde o ceo e por medio da Igrexa dáselles a coñecer a principados e autoridades a variedade de formas da sabedoría de Deus,


Estamos todos de acordo en que é grande o misterio da nosa relixión: Que se manifestou coma home, xustificou no Espírito, apareceulles ós mensaxeiros, predicáronllelo ós xentís, creu nel todo o mundo, foi exaltado na gloria.


Que outra cousa son todos eles, se non espíritos que están ó servizo del, para que os mande en axuda dos que han herdar a salvación?


Revelóuselles que non eran ministros destes misterios proféticos para proveito deles senón para o voso; misterios proféticos, que nesta era vos anunciaron os que vos evanxelizaron movidos polo Espírito Santo mandado desde o ceo; cousa esta que os mesmos anxos desexan achegarse a ollar.


E vin e oín a voz de moitos anxos arredor do trono e dos animais e dos anciáns: o número deles era de milleiros e milleiros.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan